miércoles, 3 de febrero de 2016

Saída

Saio para o mar,
mañán,
como tantos da miña terra,
como calquera de tantas terras
Se ser mariñeiro,
se saír para o mar
é deixar a maleta baleira
no frio chan do aeroporto

Se saír para o mar
é fuxir con medio corpo
cás feridas aínda abertas

Se saír para o mar
troca a luz dos silencios
polos berros da escuridade

Se saír para o mar
disque apaga os latidos

entón son mariñeiro
que nunca saíu para o mar.

Non lembro se dende sempre:
alí voamos xuntos
ao carón dos albatros nunha danza imposibel
aboiando na estratosfera
e picamos ata afundir o noso sorriso
nas profundidades salgadas.

Refuxo, onde os latidos se enchen coa marea,
onde o noso niño surcou as ondas
ao son dunha nana cantada polo vento.

Se ser mariñeiro é saír para o mar.
non.
Refuxo,
entón non son mariñeiro.

por Balueiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario