Cala o silencio ó silencio.
E implosiona na penumbra
cos refrexos cruzados
das nosas miradas.
As palabras agóchanse entre a roupa
que como un axeitamos na maleta.
Pranto desnudo.
Polizóns para a viaxe.
Trovadoras,
que me cantarán o noso
-[que é]
é fora de ti e min-
cando a proa se sumerxa con violencia
entre as ondas.
Espertamos á Lúa co son do click que
pecha a saída.
O noso,
que teme á traizón dun romance
salgado
brilará polos Océanos,
entre Casiopea e a Cruz do Sul.
No hay comentarios:
Publicar un comentario