Cos pes metidos no fango
e as ameixas nas suas mans:
lombos dobrados na praia
Cantan, erguidas, as náis.
Escóitanse na ribeira
como un marmurio, sin máis.
Berra una rede da ardora
feridas deste luar
espera ao carón do barco
que se escoite o seu cantar
As agullas sain da fonte
no bolsillo dun rapaz.
Unha tina na cabeza
coa roupa dos seus irmáns
vai cantando paseniño
e levaio pola man
notas que nacen na fonte
nas gorxas de nosas náis.
Escoitanse na ribeira
cantares que trae o mar.
Retumban pola taberna
xigantes do temporal
entre viños e chourizas
e “miudiños” en coral.
Mentres no peirao atan
as mallas a nosas nais.
Canta o fio das agullas
versos do chusco de pan.
Unha ixada ben afiada
refrexa a luz do serán.
Fai un regueiro na terra
coas bágoas dun alalá.
Saca fermosas patacas
i érguese para cantar
cantigas que trae a noite
para as gorxas das nosas náis.
para as gorxas das nosas náis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario