![]() |
Foto: Archivo Pacheco publicada en "Berbés, el corazón de una ciudad" |
En este video podéis encontrar un breve reportaje de la evolución de la pesca en Galicia y de cómo el desarrollo de la actividad ha permitido el desarrollo de otras actividades conexas: desde la creación de escuelas de formación náutico-pesqueras, a la construcción naval o incluso la investigación del medio.
O murmurio da calma
Nunha carreira sen freo, costa abaixo,
turro cun outeiro, que atopo na estrada.
I empurro, cabezudo.
Cando quedo sen forza finco o meu lombo
na pedra; sen alento.
E levanto a mirada tentando ver
para atrás, no camiño,
pero unha densa nube de po, saída
dos meus pes, ocúltame o panorama.
Mentres se disipa murmúrame –“calma”-.
Os berros das gaivotas chegan co vento
do fondo do sendeiro;
onde case que non alcanza a mirada;
da Praia do Berbés,
onde están algareadas
arredor das chalanas, que están cargadas
de sardiñas, de xoubas,
de congros, bogas, e tamén de pescadas.
Recobro o alento;
inúndanme as bagoas coas verbas da Carmen.
Descalza, dime -“calma”-.
Vai co cesto na cabeza, no carreiro
da fábrica, co sorriso debuxado,
coqueto, na faciana.
Pescaron ben as redes feitas por ela.
Os nenos, hoxe, comerán mais que papas.
Sinto unha gaita, que pasa ao meu carón
chorando unha muñeira
para os mariñeiros que a acompañan,
con boina e roupadaguas.
Cansos, cantan camiño das suas casas.
Cóllenme polo brazo,
levántanme e revíranme a cabeza
cun murmurio: -" ten calma"-.
O outeiro desapareceu da estrada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario