![]() |
imagen. blogs.grupojoly.com |
Dende que se souperon os resultados das eleccións xerais do 20D lembro -con ese sentimento
que nos invade, as veces, as persoas de que algo inxusto está acontecendo- os esforzos de duas mulleres incribles que entregaron todo polas xentes de Galicia nas Cortes Xerais. Mais en concreto pola xente do mar, que é o que realmente coñezo, e do que podo falar.
Lembro a Olaia Fernández Davila e a Ana Miranda. Lembro con nostalxia a estas mulleres que estiveron no Congreso dos deputados traballando con esforzo e talento, multiplicándose por vinte, na defensa dos mariñeiros galegos sen claudicar ante as dificultades que a aritmética política lles impoñia. Lembro que sempre foron un aro salvavidas ao que agarrarse cando ninguén respondía a chamada de SOS emitida desde a soidade do océano. Lembro que o seu tempo era noso. Lembro que a sua entrega ía mais alá que a ideoloxía ou a afiliación política, tentaba chegar a xustiza. Lembro a Olaia e Ana porque aos galegos nos represéntarán no Congreso 23 deputados; e se todos fixeran como elas os mariñeiros teríamos a maioría absoluta.
Estrecho de Magallanes |
E desexo que a sentenza latina Árbore deiecta quivis ligna cólligit non teña cabida entre as persoas que aman a Galicia, sexan da ideoloxía política que sexan, polo inxusto que sería coa implicación, a cercanía e convicción de servizo ao pobo co que nos trataron dende o seu escano xentes como Ana e Olaia.
Unha de Patti Smith como homenaxe as mulleres como Ana e Olaia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario