![]() |
Foto: Patrimonio A Guarda. Tesouros Vivos do Mar |
¡Ai miña Nai; que doente te vexo!
porque de volta chega o outono,
e de novo, caen as follas dos teus carballos
Abatidas por un escuro vento
Que de fora do teu eido, ven endemoñado.
¡Ai miña Nai; que anoxada eu te vexo!.
Queimada, outra vez, polos ladróns
Que xa non levan os bois, nin as vacas,
Nin o pote do caldo, nin a manta da cama;
Senón as casas hipotecadas,
As cepas das leiras i os barcos da pescada;
O sal do mariñeiro e o filo da ixada.
¡Ai miña nai; que apesarada te vexo!
Coas bágoas caendo pola tua faciana,
Tal como a nosa aboa Rosalía,
Cando non eramos mais que nenos,
Con moita dor nos contara.
E non son carros,
Nin velas, nin barcos;
Nin portos, nin carbón;
Nin tampouco os camiños de fango
Os que te deixan sen fillos novos
Neste tempo de cheo de enganos.
Son estradas e avións
Voando cada vez mais rápido.
Sen tempo a voltar a cabeza
Pero coa mesma angustia
Dos nosos antepasados.
Nin a pesca, nin o agro,
Nin a industria, como antano,
Aguanta os batacazos
porque de volta chega o outono,
e de novo, caen as follas dos teus carballos
Abatidas por un escuro vento
Que de fora do teu eido, ven endemoñado.
¡Ai miña Nai; que anoxada eu te vexo!.
Queimada, outra vez, polos ladróns
Que xa non levan os bois, nin as vacas,
Nin o pote do caldo, nin a manta da cama;
Senón as casas hipotecadas,
As cepas das leiras i os barcos da pescada;
O sal do mariñeiro e o filo da ixada.
¡Ai miña nai; que apesarada te vexo!
Coas bágoas caendo pola tua faciana,
Tal como a nosa aboa Rosalía,
Cando non eramos mais que nenos,
Con moita dor nos contara.
E non son carros,
Nin velas, nin barcos;
Nin portos, nin carbón;
Nin tampouco os camiños de fango
Os que te deixan sen fillos novos
Neste tempo de cheo de enganos.
Son estradas e avións
Voando cada vez mais rápido.
Sen tempo a voltar a cabeza
Pero coa mesma angustia
Dos nosos antepasados.
Nin a pesca, nin o agro,
Nin a industria, como antano,
Aguanta os batacazos
Destes novos caciques con falsas garabatas,
que agora, Señores Financeiros,
con moito querebén chamamos.
¡Ai miña nai, que exhausta te vexo
con estes meus ollos ben hinchados!
Sendo fillo e pai de galegos emigrados
Collo da man ao meu neto,
(Neto que un día fun no peirao),
Sin entender porqué o destino
que agora, Señores Financeiros,
con moito querebén chamamos.
¡Ai miña nai, que exhausta te vexo
con estes meus ollos ben hinchados!
Sendo fillo e pai de galegos emigrados
Collo da man ao meu neto,
(Neto que un día fun no peirao),
Sin entender porqué o destino
Sempre deixa aos teus mozos sen traballo.
por Balueiro
No hay comentarios:
Publicar un comentario