![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEh_N-p14IWf73kJ7hBVTJ4YuhMrkHPbqFRoi1M3rMhSjpGJmjP9BzL31nihWfMahznWEGpQ3JR0bzB3RmEHWFm0Lb4yZGReq28Pxc8LSHjo6WLdvG7weSiRcXJRIEkECYW03MeQPOlUI1g/s200/gamoneda.jpg)
Sentir a emoción previa dos grandes concertos. O auditorio cheo. Expectante. Saber que algo extraordinario vai acontecer sobre as táboas: o son, que rompe coa lei da gravidade, non para voar, senón para cargar de peso o intre. A auga, a terra, a luz; todo atrapado na fonte das ondas: onte, a palabra.
Yolanda capitaneou o barco; invitounos subir a bordo, agasallarnos coa cofa; coa mellor perspectiva. Antonio e Dores, despois das súas palabras xa eran coñecidos, amigos de sempre.
Ser Mar. Disolver cada palabra que chega (recoñezo esa falla de capacidade nas miñas torpes lecturas) desde a voz propia dxs poetxs. O directo!
Identificarse co traballo extraordinario de Yolanda Castaño en "Poetas Di(n)versos", coa "Cultura da pobreza" de Antonio Gamoneda, e coas "Cereixas" e os "Desertos" de Dores Tembrás fíxose tarea sinxela, incluso para un mariñeiro, que teme sintirse a bordo dun barco indo a pique cando se enfrenta as ondas de 10 metros. A maxia do directo converteu a Galerna en Calma Chicha.
Quizais a poesía non solucione o problemas que nos aflixen a diario, pero a inocencia de Cecilia, na voz de Gamoneda, e a porta da casa pechada para evitar que entre a auga cando o pobo está asolagándose, na voz de Dores Tembrás, á esperanza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario