“No estamos en la superficie más que
para hacer una inspiración profunda
que nos permita regresar al fondo.
Nostalgia de las branquias.” (JA Valente)
A maré devala.
Destapa as rochas,
Invisibles polas follas de maio,
que languidecen cando fuxe o mar
cá frecuencia milenaria da Lúa.
A maré viva
devolve os latexos ao fondo,
oculta aos ollos de terra
a danza das soias
-agora vivas-,
o mergullo do mascato,
o reloxo mariñeiro
de corda milenaria.
Véxote no espello do mar,
no seu bico ó costado:
borrou ó neto
que choutaba polas pedras,
agás a maré que traía do “Gran
Sol”.
O arrecendo do pan na alborada
viaxa dende a cociña ata á cuberta.
O bruido do mar na amura
sacude a nosa memoria:
o avó de teus avós, avó,
finca os brazos na tapa de regala:
-Que faes eiquí rapaz?
Dalle ó timón para ueste.
Non perdas o rastro dos mamuts
mentres a maré viva.
por Balueiro
No hay comentarios:
Publicar un comentario