martes, 22 de abril de 2025

Atadeiras: Un legado para a arte no diseño

Son elas, redeiras, as her-deiras das atadeiras. As que manteñen unha profesión que supuxo un fenómeno social entre as familias mariñeiras da Guarda durante décadas.

Fáiseme imposíbel achegarme as súas instalacións e non verme correr entre os panos; escoitar a voz de nosa Nai advertíndonos da obriga de encher as agullas de entrallar antes de ir a xogar as pedras da Robaleira. Imposíbel non emocionarse cos alalás que emanan comom radiación de fondo nos veloces movimentos das agullas fiando mallas. Só uns segundos, pechando os ollos entre as suas banquetas, son suficientes para que o seu legado recobre toda a vitalidade.

Xeracións que nos criamos ao amparo das extraordinarias mulleres mariñeiras que ataban nas chabolas dos barcos e enchían as rúas dos barrios mariñeiros guardeses entre as horas de ir e vir en grupos “de ghanchete” debuxando sorrisos mozos de complicidade.

Admirábel é o seu desenvolvemento artístico a partir dunha extraordinaria creatividade coa agulla na man. Non só aplican a súa maestría no armado de aparellos de pesca, senón que ademais, constrúen, desde o fío, obxetos e prendas de calidade que ameazan a estabilidade emocional no contacto visual e táctil.

Grazas a todas vós por manter viva a cultura das nosas Nais, e tamén por elevar a niveis artísticos o cotiá das súas vidas.














No hay comentarios:

Publicar un comentario